26 de octubre de 2018
26.10.2018
ÚLTIMA HORA
El IPC anual se sitúa en el 1,7% en noviembre, su nivel más bajo en 7 meses

Manuel Pereira, Uxía Senlle e Xosé María Lema, Premios San Martiño de Normalización Lingüística

O escritor ouzandés, a cantante e o académico, galardoados nas categorías de "Tabeirós-Montes", "Galicia" e "Toda unha vida"

26.10.2018 | 04:15

O escritor ouzandés Manuel Pereira, a cantante Uxía Senlle e o catedrático e membro da Real Academia Galega (RAG e do Museo do Pobo Galego Xosé María Lema son os gañadores dos XXVIII Premios San Martiño de Normalización Lingüística deste ano nas modalidades de A Estrada e Comarca de Terra de Montes, Galicia Enteira e Toda unha vida, respectivamente.

A resolución fíxose pública onte despois de que o padroado se reunise na noite do mércores para fallar os premios, que serán entregados na segunda semana de novembro nun acto aberto ao público que terá lugar no Teatro Principal da Estrada.

Para o estradense Manuel Pereira Valcárcel o premio foi algo inesperado, "unha sorpresa moi grande" que lle produce "moita satisfacción". Nado en Ouzande en 1955, o falecemento de súa nai cando tiña 10 anos levouno a vivir un exilio forzoso en Zaragoza, onde estudou interno no Colexio de Huerfanos de Magisterio. Alí teceu afectos e unha relación cordial e permanente coa capital zaragozana que non lograr borrar do seu corazón os lazos que o unían a Ouzande e á Estrada. Ese universo íntimo quedaría reflectido no seu primeiro poemario en versión bilingüe Interior con froiteiro e feridas. Con 17 anos achegouse á lingua galega con cancións de Andrés do Barro como Teño saudade. Asumiu entón o compromiso coa lingua que agora lle reporta o Premio á difusión da lingua na comarca de Tabeirós-Montes. A pesares de exercer a docencia en Madrid, destacou na defensa da lingua. Forma parte da agrupación de escritores galegos en Madrid que dende 1996 e baixo o nome de Grupo Bilbao, mantivo tertulias literarias no Café Comercial ata o seu peche en 2015 pasando a reunirse dende entón na Cafetería Santander. Aí xurdiu precisamente, a iniciativa de Sabino Torres, o seu maior proxecto literario colectivo, a revista poética Olga. Pereira forma parte do seu equipo de edición e redacción como secretario. Tatuaxes e Albas e epílogos (que presentou en maio en Ouzande) son outros dos seus poemarios. A calidade dos seus versos motivou recentemente que o crítico Vicente Araguas o seleccionase como un dos 26 autores da súa antoloxía de poesía galega contemporánea La lluvia en el mar. Tamén O Brado recoñece agora o seu labor, a súa "extensa traxectoria literaria que abrangue tanto o eido da poesía como o da narrativa" e o premia, ademais, "polo labor de promoción e divulgación do noso patrimonio lingüístico e cultural fóra de Galicia".

A Uxía Senlle, outórgalle o Premio á normalización no ámbito galego, ao considerar que "é unha das cantantes máis importantes e renovadoras da música tradicional galega". Afirma O Brado que "foi dende sempre unha persoa comprometida coa realidade social e cultural do país, tecendo pontes lingüísticas no ámbito da lusofonía". Apunta que "con máis de 20 discos publicados", puxo "voz aos referentes poéticos galegos por todo o eido internacional en máis de 30 anos de carreira profesional, acadando recentemente o Premio da música independente ao mellor álbum" de 2018 coa súa interpretación de poemas de Uxío Novoneyra.

Finalmente, o Premio á normalización durante toda unha vida recae no catedrático de Xeografía e Historia Xosé María Lema que, a pesares de vivir en Cacheiras (Teo), se considera "medio estradense": botei moitos anos na Estrada", recorda, exercendo a docencia no Antón Losada dende 1982 ata a sua prexubilación no 2011. Tivo "compañeiros moi bos" e "alumnos estupendos". Tamén formou parte da Coral Polifónica Estradense ata principios deste ano. Súas foron dúas letras que musicou Xabier Comesanha para conmemorar o centenario do himno galego: Cen anos hai e Eu ben quixera, adicado aos emigrantes estradenses en Cuba. Nativo de Vimianzo, foi profesor do ILG e da Dirección Xeral de Política Lingüística, ademais de colaborar co Seminario de Didáctica da Historia do ICE da Universidade de Santiago e acadar o premio extraordinario de doutoramento da Universidade de Santiago a principios dos 90, como invesstigador mereceu os premios Pedrón de ouro de Etnografía (1976) e o Antón Losada Diéguez de Investigación (1994) así como o Premio Xornalístico Reimóndez Portela na Estrada por 5 artigos en defensa da lingua moi críticos coa política de Feijóo. A súa primeira novela, Costa do Solpor (2013) foi finalista dos Premios Xerais de Novela 2013 e do Losada Diéguez ese mesmo ano acadando o Premio da Críica Galicia 2014 de Creación Literaria. Membro da Real Academia Galega e do Museo do Pobo Galego, tamén para el o galardón outorgado polo Brado foi "unha grata sorpresa".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
En estas fiestas, sobran los motivos para beber elaboraciones de vino gallego. En 2018, Galicia firmó la segunda mejor cosecha de su historiay nuestras bodegas despiden el año con un buen balance en todos los sectores