21 de septiembre de 2018
21.09.2018

Elisa e Marcela casan o 28

A obra teatral na que A Panadaría mostra o primeiro matrimonio homosexual resalta a figura das mulleres galegas transgresoras

21.09.2018 | 03:42
Peña e Paio colocan o cartel da obra teatral que representa a primeira voda homosexual no Estado.

O primeiro matrimonio homosexual levouse a cabo en A Coruña entre Elisa, que se converteu en Mario diante do cura, e Marcela. Este engano ao sacerdote fíxoas as mulleres máis transgresoras da historia de Galiza. As cómicas de A Panadaría presentan a reconstrución da súa travesía a través da peza musical que chega o venres 28 a Lalín.

Como nunha voda moderna, hai que colgar os cartaces que anuncian a unión de dúas persoas. Neste caso a cita xa foi no ano 1.901, pero rememorala, pola súa historia, era necesario. O Salón Teatro de Lalín acolle a peza teatral de A Panadaría na que se representa esta clebración o venres 28 ás 21:30 horas. O único requisito para asistir a ceremonia é pagar a entrada cun custe de cinco euros, e para estudantes de tres euros

A concelleira de Cultua, Lara Rodríguez Peña, e o técnico Damían Paio colocaron na fachada do Museo Municipal Ramón Mª Aller a faixa promocional da obra Elisa e Marcela. Trátase dunha iniciativa promocional que emula aos cartacer que se colocan en lugares públicos para anunciar un matrimonio, ao obxectivo de homenaxear e felicitar, con un toque de humor ás casamenteiras.

A concelleira de Cultura indica que se trata de darlle verosimilitude a unha representación teatral que recolle unha voda moi especial posto que foi a primeira voda homosexual dcumentada que houbo en Galicia e no Estado español, a principios do século XX. Peña destaca que os que asistan a esta representación, terán a oportunidade, simbólica, de asistir á celebracion do primeiro matrimonio homosexual que se celebra na historia de Lalín. Este casorio, con máis de 100 anos de historia, que se recreará con esta iniciativa, pretende reunir á veciñanza de Lalín.

O 8 de Xuño de 1.901, Elisa e Marcela casáranse na igrexa de San Xurxo en A Coriña. Para conseguir chegar ao altar, facer oficial o seu amor e enganar ao cura, Elisa transformárase en Mario. A voda e os posteriores suscesos que envolven a historia que lles acontece, convérteas no primeiro matrimonio homosexual do que se ten constancia en todo o estado, pero tamén fai que sexan unhas das mulleres máis transgresoras da historia de Galicia. Elisa e Marcela son un símbolo do desafío ás regras do binomio de xénero e da defensa dos dereitos das parellas lésbicas. É unha historia que se move entre persecucións policiais, fuxidas, cambios de identidade e informacións manipuladas. A historia de Elisa e Marcela convértese nun relato de amor a contratempo.

As cómicas da Panadaría presentan unha recronstución de todos estes feitos reais a través da súa peza teatral, unha comedia musical onde o verídico parece invento. A boa representación desta historia que quedará marcada para sempre e o feito de transmitila con bos resultados, fixeron que a compañía acadase varios premios: Igualdade Luísa Villalta no 2017, XIV LGTB Marcela e Elisa Colectivo Alas 2018 e os María Casares 2018 a mellor espectáculo, dirección, texto orixinal e actriz protagonista.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2018/2019

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2018/2019 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia