Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Ángela Fernández Rey: "Creo que fan falta máis libros para cativos en galego"

"Escribo contos infantís porque creo que hai que motivalos desde pequenos a ler"

Anabel Fernández Rey, autora de varias pezas infantís.

O Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira acolle, mañá, a presentación do libro infantil Chitón ata a Fin da Terra ás 20:30 horas. Trátase dunha peza publicada por Edicións Fervenza da autoría de Ángela Fernández Rey e coas ilustracións da estradense Anabel Montotuto.

-Como chegou a presentar a súa peza na Bandeira?

-Foi cousa da editorial e despois tamén pola ilustradora. Anabel, aínda que é da Estrada, anda moito por A Bandeira. É a primeira vez que vou estar alí coñezo pouco. Estou moi ilusionada, porque estarei con xente moi agradable que non coñezo persoalmente e paréceme xenial poder pasar unha tarde con eles.

-De que trata o conto?

-Un morcego e unha gaivota son protagonistas. O morcego acaba de nacer e el quere facer a vida diurna, en vez de nocturna, entón quere cambiar totalmente os seus hábitos. Convence á gaivota e esta móstralle cousas polo día en lugares que son reais: Carnota, Fisterra, O Ézaro ou Monte Pindo. Acontécenlle unha serie de aventuras, viaxes, excursións e un pouco de todo.

-É a primeira vez que traballa coa ilustradora Anabel?

-Si, non nos coñecíamos de nada. Coñecina xusto cando me presentou as ilustracións e non houbo que modificar nada. Añadíronse algunhas cousas, pero fíxoas perfectas, como eu quería: vistosas, coloridas, alegres...

-Como se decidiu a escribir contos infantís e poesía?

-Na poesía, de cando en vez fago algunha cousa, pero non se me dá tan ben. Decidinme polos contos infantís, aparte de porque me gustan os nenos, porque creo que hai que motivalos de pequenos a que lean. Todo o que aprendemos ao longo da vida a través dos libros é moi importante. Tamén porque a través da lectura pois non cometemos faltas de ortografía e estas cousas que abondan moito.

-Hai falta e libros en galego para os cativos no sistema educativo?

-Si, eu penso que si, que fan máis falta. Aínda que agora hai máis que antes, pero tería que haber máis. Aprender o noso idioma é importante, temos dous idiomas e falamos os dous, pero o noso hai que coidalo.

-Estudando a rama administrativa, como se decidiu por adicarse máis de cheo ás letras?

-Pois xa me atraía cando era cativa e estaba estudando EGB daquelas; sempre me gustou o que eran as letras. Ía a concursos no colexio e logo empecei a escribir o que facía nos diarios, e tamén me gustaba moito enviarlle cartas as miñas amigas, que antes se facía moito.

Compartir el artículo

stats