-Unha das impresións que adoitamos ter os que visitamos con frecuencia Gres é que os veciños teñen máis relación con Boqueixón que con Cruces. ¿Equivócome?

-Para nada. No meu caso, acudo a clases de teatro en Camporrapado, en Boqueixón, e vou a ximnasia a Ledesma, porque teño o coche de liña para ir e ir, e sin embargo non dispoño dun autobús para desplazarse ao casco urbano de Vila de Cruces. En Gres vivimos unhas 50 personas, e non hai moita xente nova. Cando eu tiña menos idade, nunca pensei que podería necesitar o carné de conducir, e non o saquei, pese a ter o auto na casa.

-¿E como se afeccionou a clases de teatro?

-Vén da época en que vivín en Santiago, antes de establecerme aquí. Eu vivía onda as monxas, en Compostela, e fixera teatro alá. O profesor que temos é pedagogo, e formamos parte dun grupo de 30 persoas. Empezamos a grabar no Pico Sacro para unha película que produce Antena 3, Trote, e que trala súa presentación nun festival pasará a emitirse. Tamén teño que indicar que saimos nunha das emisións do programa televisivo Grandes Lugares,posto que se grabaron imaxes en Ledesma e tamén Camporrapado.

-Así, non é de estranar que se manexe con internet.

-Desde que pechamos a tenda, hai dez anos, acostumeime a ler os xornais por internet. É moito máis cómodo. Como dixen, xa estaba acostumada a empregar o ordenador dende que me encargara da sucursal do banco. Así que dispoño tamén de correo electrónico, pero iso si, non teño pensado abrir ningún perfil nin en Facebook nin noutras redes sociais [risas].