12 de agosto de 2018
12.08.2018

Portalén e Capitán Gosende homenaxean a Francisco Arca e Secundino Bugallo

12.08.2018 | 03:30

O recentemente constituído Colectivo Portalén e Capitán Gosende renderanlle homenaxe hoxe a Francisco Arca e Secundino Bugallo, dous canteiros naturais de Figueiroa que foron asasinados o 13 de agosto do ano 1936 na Ponte do Barco de Pedre.

Ás 18.00 horas e nese mesmo lugar lembrarase a estes dous sindicalistas que foron dirixentes da sociedade obreira O Traballo de Figueiroa, integrada na Federación de Agricultores e Obreiros do Concello de Cerdedo, á súa vez integrada no sindicato CNT desde 1933. A homenaxe, aberto á cidadanía, terá lugar no mesmo punto no que Verbo Xido inaugurou en 2006 un monólito na súa memoria. Portalén apuntou que este acto busca "honrar a memoria dos represaliados polo franquismo. "É aínda máis necesario nun concello como o de Cerdedo-Cotobade no que o goberno local insiste en manter rúas dedicadas a represores.

Tras o acto na Ponte do Barco, está previsto que comece no local social de Pedre -ao redor das 19.00 horas- o documental "O canteiro de Sebil" sobre a vida do represaliado cuntiense Xoán Xesús González, realizado por O Quinteiro do Umia.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
En estas fiestas, sobran los motivos para beber elaboraciones de vino gallego. En 2018, Galicia firmó la segunda mejor cosecha de su historiay nuestras bodegas despiden el año con un buen balance en todos los sectores