Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"O Senado dame capacidade de interlocución e influencia para seguir beneficiando a Lalín"

O actual voceiro do PP, días atrás, na rúa Principal de Lalín. // Bernabé/Ana Agra

-Amais de concelleiro, forma parte vostede do que moita xente chama "cemiterio de elefantes", un Senado que, tras catro décadas de democracia, segue sen unha función clara, ou polo menos así o perciben os cidadáns.

-Ese é outro dos mantras que ultimamente tenta acuñar Rafael Cuíña para atacarme e para dicir que estou en Madrid de vacacións, porque ten contra min unha fobia enfermiza. Pero non me preocupa. No Senado non só hai políticos veteranos que poidan estar na súa última etapa na política, senón que tamén hai xente xoven con gran valía e preparación. En canto ás funcións do Senado, vou destacar dúas moi importantes na conxuntura política actual: no Senado aprobamos a aplicación do famoso artigo 155 para poñer fin ao intento de ruptura de Cataluña e, por outra parte, se non fora polo Senado o experimento político de Pedro Sánchez estaría a facer e desfacer ao seu antollo, pero afortunadamente o PP segue a ter unha representación maioritaria nesta Cámara que serve para actuar como contrapunto político e para facer de cortalumes das ideas de bombeiro do Goberno do PSOE, apoiado por Podemos e polos nacionalistas e os independentistas.

-A expresión "cemiterio de elefantes" non a inventou Cuíña, senón que está moi estendida.

-O Senado é máis útil do que a xente pensa. Todos os sistemas democráticos máis avanzados do mundo son bicamerais, cunha cámara para contrarrestar a outra. Non obstante, estamos todos os grupos políticos convencidos de que necesita reformulación. Debería converterse na auténtica de representación territorial, de concellos e administracións autonómicas,con mando directo sobre estes temas. Pero a súa supresión, como piden algúns, sería unha involución democrática.

-Cales foron, ata o momento, as súas aportacións como senador? Algunha iniciativa concreta relacionada con Lalín ou coa comarca dezá?

-Levo máis de trinta intervencións entre preguntas en pleno e en comisións. Pero non me quedaría coa cifra, senón coa capacidade de interlocución e de influencia política que me permite o Senado para seguir beneficiando a Lalín. Eu son o presidente da Comisión de Fomento e esa responsabilidade, por exemplo, permitiume pedirlle ao exsecretario de Estado de Infraestruturas, José Manuel Niño, que tivera en conta o proxecto da primeira fase da Circunvalación Norte de Lalín, que iría desde Lalín 2000 ata a estrada de Lugo, pasando pola de Cruces. Tamén que axilizara o proxecto de mellora previsto para as curvas baixando cara á Ponte Vilariño e subindo a Cadrón e que tramitaran as cesións xa solicitadas de tramos sen uso na estrada N-525 no Pozo Negro e na Borralla ata Ponte Taboada. Obviamente, estas actuacións non son como reparar un bache, pero non teño dúbida de que se recuperamos o goberno poderemos facer máis presión para sacalas adiante. Algo que nin por asomo fai ningún dos membros do cuatripartito.

Compartir el artículo

stats