| Un ano máis, o programa de dinamización lingüística "O galego campa!" da Secretaría Xeral de Política Lingüística -que dirixe o estradense Valentín García- e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado chegará aos rapaces que participan nas quendas do campamento forcaricense de Ponte Maril enter o 26 de xullo e o 13 de agosto. É a sétima edición dun programa que este ano chegará a case 1.500 rapaces participantes nos campamentos de Forcarei, Vilanova de Arousa, Bueu, Boiro, Sada, Bergondo, Melide, Portomarín, Ribadeo, Palas de Rei, Entrimo, Manzaneda, Muíños e A Mezquita co obxectivo de promocionar o uso da lingua galega.