Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"Quixemos que a xente fose protagonista real da política"

-Cal pensa que foi a súa contribución política máis importante para Silleda?

-A miña achega principal foi traballar sempre pola sociedade trasdezá en xeral, pero en concreto, pola cultura, a educación e o turismo en Silleda, durante a etapa no goberno, na que tratei de traballar de maneira renovada durante todos estos anos. Sobre todo no ámbito cultural porque xa viña facendo anteriormente tendo un contacto moi directo coas asociacións. Fixen o que puiden porque non había un orzamento practicamente libre para o investimento cultural. Todos os colectivos cos que se traballei foron conscientes diso porque non había diñeiro no Concello, era todo débedas. Por sorte, a situación económica mudou. Eu tería envexa sana actualmente de poder levar a cabo proxectos que quedaron daquelas en camiño por falta de orzamento.

-Houbo algunha cuestión concreta que intentou levar a cabo e que quedase no tinteiro?

-Si foi o da participación cidadá, darlle un matiz participativo á vida pública en Silleda, á política, facer que a cidadanía particase de maneira directa na política a través dos consellos parroquias, facendo eleccións libres en tódalas parroquias e facendo que os colectivos traballasen cos concellos municipais e puidensen decidir a política de Trasdeza, tando desde o punto de vista social, con decisións de propostas, como desde o punto de vista da realidade económica. Pero nisto tanto o PSOE como o PP nunca creron. De feito, cando o actual alcalde tomou posesión pregunteille onde ía ir a concellería de Participación Cidadá e a el non lle acordou de nomear a alguén para ela. Creo que o BNG foi valorado en Silleda, no seu momento, por contar coa xente e facendo que fose protagonista real da política.

Compartir el artículo

stats