A parroquia silledense de Escuadro festexou onte a súa VIII Romaría da Fervenza, cunha xornada na que a música tivo un protagonismo ao longo de todo o día. Os Gaiteiros da Pereiriña compartiron este encantador espazo natural coas Pandereteiras Ponte da Prata, Pau de Buxo e Lume na Lareira. Á cita tamén acudiron as Pandereteiras da Escola Tradicional de Barbude, o coro Voces da Terra e O Son da Fervenza. O Mesón da Roda encargouse de servir a comida de confraternización, que tivo lugar baixo unha carpa por se o tempo non acompañaba, pero ao final as nubes permitiron disfrutar do enclave.

Trala sobremesa, os presentes puideron demostrar as súas habilidades en xogos tradicionais como o tiro á corda o diversas propostas con globos. Houbo, tamén un sorteo dun poni e a concentración de motos clásicas así como unha xuntanza de cabaleiros de diversos puntos.