| Vintesete membros do grupo folclórico estradense Tequexetéldere -de idades comprendidas entre os 17 e os 45 anos- viaxaron onte en avión desde o aeroporto de Santiago ata o de Palma de Mallorca paa participar mañá na mostra folclórica que terá lugar na localidade de Alcúdia. Alóxanse nunha residencia de estudianes. Hoxe a primeira hora participarán nunha recepción no concello e despois visitarán o casco histórico de Alcúdia, antes de disfrutar da praia e preparar a actuación de mañá sábado.