Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Tania Tumbeiro López: "As redes sociais e as novas tecnoloxías contan hoxe cunha publicidade abusiva"

"As familias delegan moito no móvil e nos videoxogos parte da educación dos cativos"

Tania Tumbeiro López, onte, en Silleda. // Bernabé/Javier Lalín

Os Concellos de Lalín e Silleda puxeron en marcha a principios deste ano o proxecto "Aquelar" para a prevención das conductas adictivas. Entre os seus obxectivos están o de loitar contra as adiccións promovendo hábitos saudables, crear unha conciencia social sobre os efectos nocivos do consumo de drogas e incrementar a percepción do risco. O programa desenvolverase grazas a unha achega de case 50.000 euros da Consellería de Sanidade. Tania Tumbeiro López é a súa coordinadora.

-Cómo vai o proxecto?

-Eu son recén chegada porque entrei por concurso oposición. Entón, ata ese momento non sei si en Lalín existía algo con respecto aos drogodependentes, pero en principio creo que non. O proxecto entre Lalín e Silleda engloba diferentes programas de prevención de drogodependencias. Levo un par de mesiños, e a cousa vai ben. O proxecto está separado en diferentes ámbitos, e agora no verán o ámbito escolar está paralizado como é lóxico porque non hai nada en escolas e institutos, e o que están funcionando son os eidos xuvenil e familiar, e de momento moi ben.

-Cales son as adiccións prioritarias neste programa social?

-Dentro da prevención englóbanse todo tipo de substancias, e nas derradeiras semanas incluímos tamén todo o relacionado co tema de xogos, redes sociais e todo o que ten que ver coas novas tecnoloxías. Máis que nada o traballo é de prevención e se centra principalmente en colectivos que teñan algún tipo de risco, e logo hai outros programas que son mais xenéricos e de carácter universal.

-Hoxe enganchan máis as novas tecnoloxías que as drogas?

-Faime gracia que me fagas esta pregunta porque xusto estaba lendo un artigo sobre iso. Todo depende da corrente que sigas á hora de definir o que é unha adicción porque te vas a centrar máis no comportamento, etcétera. O artigo do que che falaba trata sobre a comida e si é adictiva ou non. En canto a comportamentos, podes desarrollalos con calquer tipo de substancias, pero logo hai moita xente que dí que como non é unha substancia adictiva en sí, aínda que teñas un comportamento, como que non é unha adicción como tal. Eu creo que ao final falamos dun patrón de consumo tanto dalgún tipo de tecnoloxías como dalgunha substancia nos que se poden repetir. As consecuencias que se ven agora mesmo son as das drogas, aínda non se ve ningunha consecuencia dunha adicción dunha dependencia dalgunha rede social.

-Pero os mozos engánchanse moito antes coas redes sociales que cos estupefacientes, non?

-Claro, o acceso que tes ás redes sociais ou a tecnoloxía non é o mesmo que o que tes as substancias. Agora mesmo contan cunha publicidade abusiva. A vida hoxe se basea nas tecnoloxías e nas redes sociais, e teñen moita máis publicidade da que pode ter ningún tipo de substancia porque non teñen publicidade. O acceso é moitísimo máis fácil, e penso cas familias delegan moito no móvil e nos videoxogos parte da educación dos cativos e das cativas. Tamén é certo que todo isto é como un mundo que avanza moi rápido e é moi difícil de controlar. As veces aos adultos se nos escapa cómo controlar según qué acceso a que páxinas para nós mesmos, canto mais para os cativos. Pode ser un erro e pode ser tamén parte da época que nos toca vivir a todos.

-Cales son as actividades de "Aquelar" para o verán?

-O que estamos levando a cabo principalmente son todalas actividades previstas para o ámbito xuvenil. En canto a iso, se trata principalmente de ocio alternativo e logo tamén algunha intervención nocturna. O que é o proxecto en sí leva moitos programas asociados, como é o de levar información a diferentes festas ou festivais. Logo hai tamén actividades deportivas que imos facer para que os rapaces e rapazas eviten o botellón, pero quedouse un pouco desfasado porque a día de hoxe segue existindo o botellón, pero xa non é o fenómeno que foi fai dez anos. Tamén hai intervencións con familias cun algún tipo de problemática ou risco social, entre outras cousas.

Compartir el artículo

stats