12 de julio de 2018
12.07.2018

O mal de ollo dun cruceiro

Artoño estrea nos últimos tempos ata catro imaxes tras ser destruídas, a última polo golpe ocasionado dun camión de reparto

12.07.2018 | 03:10
O cruceiro de Artoño que foi derribado hai máis dun ano (esquerda) e o novo (dereita). // Ángel Utrera

A parroquia agoladesa de Artoño acaba de estrear novo cruceiro, obra do canteiro O Vila, e con isto xa son tres os que se tiveron que facer, tras esnaquizarse por completo o orixinal fai máis de 40 anos, tal e como apunta o alcalde do municipio, Ramiro Varela. Fai un ano e medio o cruceiro rompeu debido a un golpe ocasionado por un camión de reparto.

Desde fai uns tres meses a parroquia agoladesa de Artoño loce un novo cruceiro, e con este xa van polos menos catro, tal e como apunta o alcalde do concello, Ramiro Varela. O motivo é que parece que a estrutura está ameigada, xa que foi derribada en máis dunha ocasión. A talla foi realizada polo canteiro Luís Ferreiro O Vila. Nesta última ocasión, a imaxe do cruceiro acabou no chan debido a un golpe dun camión de reparto hai algo máis dun ano. De feito, polas festas patronais de agosto, na honra ao San Ramón, a estrutura carecía da imaxe.

"Antes o cruceiro estaba onda a casa do cura, pero xa o cambiamos de sitio, na subida á capela, e aínda que o cercamos cunha beirarúa, que ten uns 20 centímetros de alto, non hai maneira. Xa houbo que facer tres, e do orixinal xa non me lembro, pode facer máis de 40 anos que quedou todo esnaquizado", manifesta Varela. Ao parecer o custe deste último cruceiro ascendeu a case 4.000 euros. "E menos mal que houbo xente que viu quen fora, apuntou a matrícula, e avisounos,porque segundo o condutor non se dera conta de que o tirara e marchou, e así grazas as testemuñas, os gastos cubriunos o seguro do vehículo".

O cambio resalta á vista e calquera que pase por Artoño, non lle pasa desapercibido que é "un cruceiro a estrear", tal e como se poden apreciar tamén nas imaxes de arriba.

Imaxe de Cristín

Máis sorte tivo o cruceiro do lugar de Cristín, en Borraxeiros,que apareceu no chan fai uns días e que agora permanece custodiado polo Concello á espera de ser restaurado por Patrimonio

"Neste caso, trátase dun cruceiro moi antigo e tivemos a sorte que caeu sobre terra movida e apenas sufriu danos. Agora estamos esperando polo presuposto dunha restauradora de Patrimonio, polo que aínda non sabemos cando se vai reparar", indica o rexedor.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine