12 de julio de 2018
12.07.2018

Devoción polo santo máis milagreiro

As capelas de Xaxán, Borraxeiros ou Trasulfe son das que manteñen festas polo día de San Benito

12.07.2018 | 03:10
Fieis pasan por debaixo da peana do santo en Trasulfe, procesión en Borraxeiros e devotas na capela de Xaxán. // Fotos: Bernabé/Javier Lalín / Daniel González Alén

Desde hai séculos os cristiáns honran a San Benito, o santo abade e patrono de Europa, para loitar contra as forzas do mal, festividade que se celebrou onte, como cada 11 de xullo. Máis dunha parroquia das comarcas rendiuse onte ás festas na honra a este santo, para moitos "o máis milagreiro", sobre todo en capelas a él dedicadas. Foi o caso de Xaxán, en Lalín; de Borraxeiros, en Agolada; ou do Pazo de Trasulfe, na parroquia rodeirense de Fafián.

No San Benito de Xaxán a xornada englobou varias misas rezadas con gran cantidade de crentes; porén, houbo menos afluencia na cantada, ao mediodía, que contou con procesión e á que acudiu o senador e excalde de Lalín, José Crespo, natural desta parroquia. Este ano, segundo conta o cronista Daniel González Alén, as andas do santo levárona dous homes e dúas mulleres, por aquilo da igualdade. "O que vai a menos son as esmolas en especie, aínda que se manteñen as que os frecidos fan en cartos, por iso a poxa vai a menos ano tras ano", comenta Alén, que acudiu ao evento festivo-relixioso.

A parroquia agoladesa de Borraxeiros continuou onte coas súas festas que reparte entre a veneración a San Cristovo -patrón da freguesía- e a San Benito. A xornada estivo dedicada a este último e, logo da misa solemne e da procesión cos dous santos e a Virxe, non faltou a música.

Tamén o San Benito é venerado no Pazo de Trasulfe, onde ten unha capela dedicada a súa figura. Onte houbo misas ás once da mañá e á unha da tarde. Neste lugar é tradicional a imposición da reliquia do santo, amais de existir o costume de pasar por debaixo da súa peana ao saír en procesión, tal como relata o historiador e escritor lalinense Xoán Carlos García Porral.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine