13 de junio de 2018
13.06.2018

"R ten problemas para chegar ao polígono de Botos"

13.06.2018 | 05:25

-Hai solo catro días renovaba a presidencia da patronal dezá, nun mandato que será de catro anos. Que proxectos ten enriba da súa mesa?

-Cando dixen que me iba a presentar á reelección pensei que o faría se tivese o respaldo maioritario da miña xunta directiva, e penso que o conseguín. Viñeron sete de once e tamén, como dixera, incorporei novas caras e contei, neste caso, con sete incorporacións. E por outro lado o meu interese por continuar debíase a que tiñamos varios proxectos en mente, ultimados ou para poñer en marcha e, evidentemente un deles era este plan de fidelización do comercio. Outra das cousas que queremos poñer en marcha de xeito inminente é a posta en marcha da comisión de industria, pois así como a do comercio traballa moi ben, creo que é necesario activar o grupo exclusivo da industria. Hai moitos temas que se poden solventar falando entre todos.

-Cales son algúns deses asuntos nos que convén intervir canto antes?

-Está habendo problemas administrativos para tramitar a inminente chegada do operador R ao polígono de Botos. Estes días tiven avisos de propietarios deste recinto no que expoñen que teñen serios problemas para comunicarse e esto, en pleno século XXI non pode pasar porque as empresas precisan unha boa ADSL para desenvolver o seu traballo diario. Para a próxima semana temos previsto falar con representantes da empresa, porque nos están a dicir que os permisos para a instalación se están retrasando e non poden executar a obra meses. Non podemos tardar seis meses, porque nos dixeran a finais do ano pasado que para xuño estaría listo e quero saber de quen é a culpa, se por exemplo da Xunta ou do Concello.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook