13 de junio de 2018
13.06.2018

Porrais e froiteiras tamén sofren as consecuencias

As condicións meteorolóxicas adversas provocan un atraso no cultivo de millo e que naza enfermo, con lentitude e de cor amarela, e iso cando aves e vermes o permiten agromar

13.06.2018 | 05:25

Disque nunca chove ao gusto de todos, e para as plantas tampouco. As baixas temperaturas destes días, para nada normais para a época do ano na que estamos, e a cantidade de choiva están provocando que o millo e as plantas de horta non estean nacendo ou o fagan mal. Nos porrais os máis prexudicados son o cebolo, os tomates e os pementos, dos que as plantas non sobreviviron ao pouco de seren cultivadas. O millo presenta unha cor amarela, en vez dunha verde intensa, e está enfermo. A isto súmaselle a presenza de aves e vermes, polo que a xente ten que usar a súa imaxinación para loitar contra eles.

As plantas do porral tamén están padecendo o mal tempo de xuño. A xente apurou hai un mes para mercar o cebolo, os pementos e os tomates, porén, a gran maioría quéixase de que non están nacendo. "Coa excesiva humidade o que fai é que prosperen os fungos", indica José Manuel Agra, propietario do Viveiro Agra, de Galegos (Lalín) e que se adica á produción de planta hortícola, ornamental, forestal e froiteira. "Sobre todo o cebolo, os pementos e os tomates apodreceron e a xente está demorando a facer a reposición, porque non se atreven mentres o tempo non cambie".

Agra indica que a leituga, a coliflor, os repolos ou o brócoli si están nacendo porque son máis fortes e aguantan mellor a humidade. As árbores froiteiras tamén son outras das afectadas. "As plantas están padecendo diversas enfermidades e debido á demasiada cantidade de auga, non fan ben a fotosíntese, polo que o ideal sería ter calor, a propia desta época".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


selectividad 2018 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


Enlaces recomendados: Premios Cine