-Nas últimas datas Concello e Xunta manteñen un debate público sobre o xeito máis acaído de que Lalín poida incrementar o seu solo industrial.

-Lalín, como dixen hai ano e medio, necesita máis solo industrial barato. Esta cuestión poderá ser abordada na comisión de industria.

-Máis chan industrial e barato. Onde?

-Estamos estudando esa opción. Penso que habería que mirar como saliría o chan da cuarta fase de Lalín 2000, porque se sae moi caro, pode ser un impedimento para o asentamento de novas empresas, porque para exemplo temos o polígono de Agolada, que está cheo e teño informacións de que se está pensando en amplialo. Logo é certo que entre ter unha autopista ao lado e non teña, está claro cal é a alternativa mellor, pero hai que ver fórmulas para conseguir máis chan. Non sei se a cuarta fase, non sei se a alternativa de Catasós ou incluso a posibilidade de aproveitar parte das escombreiras do Tren de Alta Velocidad (TAV), porque non se poden vender, pero si alugar. Hai que buscar opcións e estas teñen que xurdir do empresariado para, logo, ser transmitidas ás administracións autonómica ou local. É preciso sentase para buscar solucións e as administracións darlle unha saída, porque os procedementos administrativos non se fan dun día para outro. Porque os empresarios non van a estar agardando por solo cando teñen un proxecto rematado, non. Eu téñoo clarísimo, preciso poñelo a funcionar canto antes, porque un proxecto que a día de hoxe pode valer e para dentro de dous, non. Pero tampouco vale chan a 80 euros o metro cadrado; penso que todo o que estea por riba dos 50 euros sería caro a día de hoxe. Hai anos, si, é certo, que se vendera a 80 euros o metro, pero agora non. Por outro lado, podería dárselle unha volta a Lalín 2000 para ver que catalogación teñen as parcelas baleiras, porque ao mellor hai un predio destinado a oficinas e, hai posibilidade de moficar o seu uso? Para iso solo hai dúas respostas, ou si, ou non, non me vale a de depende. Estamos decindo que hai parcelas libres e Xestur estivo notificando aos donos de parcelas sen construir, pois, señores, ou edificas ou executamos o acordo. Ou mirar se as desocupadas, aínda sen construir unha nave nova, poden servir por exemplo para almacenar maquinaria.