13 de junio de 2018
13.06.2018
ÚLTIMA HORA
Losnegociadores de la UE y Reino Unido pactan un texto sobre su futura relación

Antonio Lamas Carral: "O 75% dos socios van usar os 'Biq points', pero os resultados veranse en seis meses"

"O cliente decidirá entre os negocios iguais que traballen ou non con esta aplicación"

13.06.2018 | 05:25
Lamas amosa a aplicación para o comercio, que se pode descargar gratis. // Bernabé/Javier Lalín

A patronal dezá presentou o luns a aplicación aedeza biqpoint; unha ferramenta que pretende revolucionar o comercio tradicional coas omnipresentes novas tecnoloxías como arma. Os negocios poderán ofrecer aos clientes puntos coas súas compras, que logo se poderán destinar a mercar no mesmo establecemento ou noutro dos adheridos. O seu presidente, Antonio Lamas, amósase satisfeito coa primeira resposta dos asociados.

-¿Como xurde a iniciativa de artellar este proxecto de fidelización do comercio cunha "moeda propia" da AED.

-Da necesidade exposta por tres socios que plantexaban a conveniencia de campañas de fidelización non solo baseadas en descontos. A empresa que deseñou o proxecto ya tiña avanzada a aplicación e díxenlle que tería un bo encaixe, pero que había que adaptala. O bo da aplicación é que imos ter os Biq points, una moeda dixital que vale para intercambio que se pode entregar ao cliente e lograr unha fidelización ou crear, a maiores, unha necesidade de mercar, que é unha cousa boa. A veces non mercas porque parece que che costa sacar o diñeiro do bolsillo, pero con estos puntos ao mellor sí nos permitimos darnos un capricho.

-O luns pola noite presentouse a aplicación ao comercio nunha reunión moi concorrida, non si?

-O primeiro que lle dixen foi que me alegraran o día, vendo a grande afluencia. Sabían que viñan á presentación do plan de fidelización e que era moi importante que estiveran presentes. Púxenlle exemplos da posibilidade de ofrecer ao cliente os Biq points nos descontos habituais e a súa resposta foi boa, porque fixeron moitas preguntas e vin predisposición por parte deles de utilizar unha aplicación que supón un valor engadido para eles. Creo que apreciaron que a cousas estaban moi traballadas e que a aplicación pode modificarse ou adaptarse.

-Que grao de implicación cre que van ter os comerciantes?

-Penso que de cara xa á Noite Branca a maior parte deles van traballar coa aplicación. E cando digo a maioría falo de alomenos o 75% dos asociados. A clave é que o resultado vaise ver en seis meses e se o sector ve que aí hai un valor engadido e para iso teñen que implicarse; que por un lado van ter a caixa de efectivo e polo outro a de Biq points. Un exemplo: eu quero ter Biq points dispoñibles para entregar aos meus clientes 200 euros, que son 800 Biq points. Aínda que poden canxealos por efectivo en calquera momento, de pouco valería isto, porque o interesante é que circule a moeda dixital constantemente. Uns comercios serán máis receptores e outros más emisores, pero eso será bos para todos, porque para todos será un sinal de que fan máis ventas. Pode haber casos, por exemplo, de dous negocios idénticos que un traballe con Biq points e outro non; pois o cliente terá a oportunidade de elexir. Temos que entender que no comercio, incluso nos que ofrezan un mesmo produto, non hai competencia senón que debemos ser aliados, porque o que non hai nun sitio pode ofrecelo outro.

-O diñeiro dixital será o protagonista das campañas do comercio...

-Si, temos que apostar por elo e alimentalo. O traballo do día a día corresponde ao comercio e a nós a puntual nas campañas. Falouse de que manexar os Biq points podería ser incómodo para a xente maior, pero estas persoas son precisamente as máis fieles. As posibles excepcións serán solucionadas, pero non podemos convertir as excepcións en hábito. Imaxina que o gañador dun premio da Noite Branca non quere descargar a App: pois que renuncie ao premio e listo. Non podemos ter unha aplicación para cada usuario, pero garantizo que calquera problema será atendido. Unha persoa de 80 anos ao mellor non ten un smartphone, pero seguro que si un fillo ou un neto seu.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook