Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Versos de Rosalía nas voces máis novas de Dozón

Alumnos do CEIP Pío Cabanillas difunden vídeos do proxecto 'No bico un cantar'

Os alumnos do colexio de Dozón, recitando poemas diante da casa de Rosalía de Castro, en Padrón.

Un centro educativo con poucas matrículas de alumnos pode converterse nunha excelente oportunidade para que os estudantes de diferentes niveis aprendan valores como o traballo en equipo ou a comunicación interxeracional. Un bo exemplo disto é o CEIP Pío Cabanillas, de Dozón. Os seus 27 alumnos e o profesorado puxo en marcha neste curso que está a piques de concluir o proxecto No bico un cantar. Este nome fai referencia ao último verso do poema que compuxo Manuel Curros Enríquez con motivo do pasamento de Rosalía de Castro, en 1885. E é que a escritora do Rexurdimento protagonizou varias horas de aula dos alumnos: uns grupos encargáronse de elaborar un dossier, outros prepararon un power point sobre a vida e obra da literata, uns terceiros asumiron as tarefas de buscar material para editar un vídeo. Precisamente, en dous vídeos que poden verse na canle Youtube recóllese parte deste traballo: No bico un cantar ofrece imaxes dos alumos de primeiro e segundo curso en diversas estancias do colexio, mentres traballan a figura de Rosalía, e en Homenaxe a Rosalía aparecen case todos os estudantes do centro recitando poemas na casa da escritora en Padrón.

Non será, seguramente, o único proxecto no que traballe en conxunto toda a comunidade educativa do colexio de Dozón. O centro dispón, ademais, dun sitio web e do blog Anosavoz.blogspot.es, que dalgunha maneira substitúe a o xornal que antano se publicaba no centro. O colexio, días atrás, tamén recibiu a visita dun grupo de expertos en fomentar a lectura entre as idades máis novas. Xa cara finais de curso, o día 15 haberá unha sesión de inchables para saudar a chegada das vacacións, pagados pola ANPA.

Compartir el artículo

stats