A Asociación de Veciños de Parada, en Silleda, organiza esta tarde, a partir das 18.00 horas, unha Ruada por tres lavadoiros: o do Barro, o de Outeiro e o de Parada. A sesión dura unhas dúas horas, e ao remate do percorrido todos os grupos participantes farán un desfile ata a casa da escola, para disfrutar dunha merenda. A Ruada celébrase desde o 2012, e estes días conta ademais con poemas en galego colgados, desde o 17 e ata fin de mes, nas 6 fontes e nos 3 lavadoiros da Ruta da Auga.