Silleda acollerá esta tarde o VIII Festival de Música Tradicional Concello de Silleda no que participarán oito agrupacións: Aires do Trasdeza, do colexio María Inmaculada; Pandereteiras A Xariza de Parada, Os Carqueixas de Lamela, Os Gaiteiros A Pereiriña de Ansemil-Martixe, as Pandereteiras de Siador; o Son da Fervenza de Escuadro, Os Sin Son Gaiteiros e a aula tradicional da Escola municipal de Música de Silleda.

A cita arrancará ás 18.00 horas diante da praza Siñor Afranio, xunto á Casa da Cultura, onde todas as agrupacións interpretarán o pasodobre de San Roque. Desde alí haberá un pasarrúas ata o Auditorio Semana Verde onde actuarán os grupos. O festival está organizado pola Escola de Música de Silleda, en colaboración co Concello, e co motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas.