| Dado que hoxe é día non lectivo, os colexios celebraron onte o Día das Letras Galegas. Foi o caso do CEIP Cerdeiriñas de Piloño (Vila de Cruces) que recibiu a visita de José Julio Fernández, exvaledor do pobo e profesor de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, ademais de ser escritor de contos infantís, que lles presentou dous libros e conversou cos pequenos. Inauguraron un mural sobre María Victoria Moreno e fixeron diversas unidades didácticas sobre esta escritora á que se lle adica o día de hoxe. Mañá ás 12.15 horas abren unha mostra de fotos da contorna que poderá visitarse durante unha semana. Mentres, no CPR Plurilingüe María Inmaculada de Silleda celebraron a primeira hora da tarde un acto musical no Auditorio da Semana Verde, con motivo do Día das Letras Galegas, e pola tarde, no salón parroquial tivo lugar o acto de graduación do alumnado de segundo de Bacharelato.