Os colexios Nosa Señora das Dores de Forcarei, CEIP de Soutelo de Montes e San Xoán Bautista de Cerdedo celebran este venres a clausura do plan de formación intercentros. Será no Auditorio do Centro Cultural de Cerdedo, a partires das 11.00 horas.

A inauguración correrá a cargo da coordinadora do Plan de Formación Intercentros, María Abilleira. De seguido será a presentación dos traballos realizados. A directora do CEIP San Xoán Bautista de Cerdedo, Corales Nogueira, exporá o proxecto Sons de auga e pedra; o director do CEIP Soutelo de Montes, Miguel Ángel Romero, fará o mesmo co de Peregrinaxe pola senda do Lérez e o director do CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei abordará o traballo O conto da Muiñeira de Chantada.

O programa desta xornada contempla a clausura dos actos -nos que participarán os alcaldes da zona, representantes de Educación, mestres e alumnos- para as 12.50 horas, a cargo do director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal Rodríguez.