A comisión de cultura do Centro Lalín, Agolada e Silleda de Bos Aires (Arxentina) organiza este venres unha celebración con motivo do Día das Letras Galegas. Os actos darán comezo ás 19.00 horas e consistirán no visionado dun vídeo de María Victoria Moreno Márquez e tamén se lerán textos na homenaxeada este ano polo 17 de maio. Nas súas instalacións da rúa Moreno estará presente María Vilar.