O Concello de Rodeiro celebrará o próximo luns un pleno ordinario no que o goberno de Luis López presentará unha moción para a adhesión da administración local á iniciativa Concellos Doing Business Galicia.

Ademais dese punto o executivo tamén leva a aprobación provisional da modificación puntual do PXOM no ámbito da Avenida Aviador Gumersindo Areán. Tamén presentan a aprobación provisional da modificación da ordenanza fiscal reguladora da taza pola utilización das instalacións deportivas do Concello de Rodeiro. Así, o último punto instado polo goberno é o inicio do expediente para a modificación das ordenanzas fiscais do IBI, IAE e ICIO para a inclusión nelas dos incentivos fiscais.

Pola súa parte, o PSOE de Rodeiro presenta unha moción relativa á non liquidación e pagamento das cotas tributarias no IRPF de dereitos de pagamento básico cando se produzan dentro do ámbito da mesma explotación.