Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Manuela Pereira Enríquez: "A política afecta a todos os ámbitos da túa vida e débese tomar partido"

"O cambio de goberno en Lalín foi favorable, máis que nada porque era necesaria unha alternancia política"

Manuela Pereira, responsable local de Galiza Nova en Lalín.

Despois de anos de inactividade Galiza Nova retoma a súa labor como un colectivo que busca un espazo social, colectivo e político para a xuventude do municipio. De feito, da man de unha vintena de mozos e mozas se constituíu de novo este colectivo no que Manuela Pereira Enríquez, de 19 anos e veciña de Lalín, foi escollida como responsable local. A pesares da súa idade, Manuela Pereira manifesta que este espazo foi creado para dar unha alternativa á xente nova e para crear conciencia na defensa da cultura, do patrimonio e, sobre todo, do galego.

-Por que decidiron retomar a actividade Galiza Nova en Lalín?

-Pois con unha simple conversa entre amigos. Todos opinAbamos que era unha boa idea que en Lalín houbese unha asociación xuvenil, porque considerábamos que non había nada semellante. Ademais, encaixamos os nosos ideais dentro das propostas que ofrece o BNG. Uns ideais que se basean principalmente en promover o nacionalismo, na defensa da cultura e da lingua galega. Niso se van a basear as actividades que queremos poñer en marcha.

-Hai algunha actividade que xa esté confirmada?

-Si, a primeira será no fin de semana do Orgullo de Lalín. Crearemos un photocall que levaremos á Praza da Igrexa para que a xente se poida fotagrafar nel. O que se intenta basicamente é potenciar o galego dentro da festividade.

-Que terá que facer como responsable local?

-Eu fun designada desa maneira, pero teño que dicir que formamos un equipo, que alguén tiña que ser por formalismos, aínda que todos teñamos o mesmo poder de decisión e a mesma representación. Somos máis de dez persoas pero continuamos buscando máis mozos e mozas que queiran formar parte de esta experiencia. Os que agora mesmo formamos Galiza Nova temo entre 18 e 25 anos, mais ou menos.

-Que a motivou a entrar neste proxecto?

- Pois eu creo que nós buscamos un coletivo que nos axudara a defender o que pensamos. Digamos que sumarnos para poñer en marcha actos que defendan o que cremos.

-Ve necesaria unha maior participación dos xóvenes na política lalinense?

-Si, de feito considero que en Lalín é moi necesario. A política afecta a todos os ámbitos da túa vida e e débese tomar partido dela para dar a túa voz e as túas ideas. Aquí a nivel local a xente prefire non tomar partido.

-Cal é a vosa valoración ao traballo do goberno de Lalín.

-Cremos que a entrada deste goberno é favorable, máis que nada porque era necesaria unha alternancia política. Ademais creemos que agora estase a mirar máis pola xuventude que co anterior goberno. Algo importante nese sentido é o apartado cultural, e consideramos que niso é un paso cara adiante. Tamén as actividades para axudar a buscar emprego. Son cousas que nos preocupan aos mozos e que dende Galiza Nova intentaremos axudar.

Compartir el artículo

stats