Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Quico Cadaval: "Para min narrar é unha maneira de conversar"

" A Illa de San simón está vinculada ao nacemento da nosa literatura"

Quico Cadaval, durante a súa actuación no Pazo de Liñares. // Bernabé/Ana Agra

Quico Cadaval participou onte no "Abril republicano", organizado por Viravolta Títeres, coa representación da súa obra A Illa de San Simón, na que conta varias historias dalgúns presos que estiveron no cárcere franquista ubicado nesta pequena illa da Ría de Vigo. O historiador e profesor de Lalín Manuel Igrexas, foi o encargado de presentar o espectáculo.

-Hai moito de que contar da Illa de San Simón?

-Si, a Illa de San Simón ten moitísima historia. Ademais de moi contraditoria ás veces. Está vinculada ao nacemento da nosa literatura polos poemas que a nomean e logo, no século XX, está vinculada a ser un campo de prisioneiros, na Guerra Civil. Curiosamente os dous temas están relacionados, aínda que un é un poema de amor, finalmente é un poema de amor desgaraciado contado por alguén que non pode sair da illa. Entón, literariamente parece que é unha profecía do que pasou.

-Que conta na súa obra?

-A obra parte dunha aventura dun equívoco, un mal entendido, dun home que non tiña ningún tipo de conciencia política e foi confundido con un líder republicano e polo tanto sometido a atención especial polas autoridades fascistas no campo. Entón ese tipo de personaxes sempre provocan paixón e simpatía, porque alguén que sufre sen saber por que, provoca máis simpatia. O relato paradóxicamente ten un ton humorístico, porque as cousas que pasan son graciosas, e circúlase entre o triste e o divertido. Esa historia coñecina na miña terra, pero fun coñecendo outras historias de inocentes e acumuleinas. Por exemplo, dun rapaz de Allariz que estaba anclado na infancia e que o levan para a guerra o cal provocou unha dor moi grande porque os veciños saben que é un inocentiño e que non vai a saber defenderse e que será outra vítima. Vivirá unha aventura moi interesante que dende a súa simplicidade é onde lle vén a salvación, e non dende a intelixencia ou o valor. Despois cito outros casos se me da tempo.

-Son casos reais?

-Sabes como funciona a memoria, de feito vémolo todos os días, incluso os políticos non se acordan de nada do que fixeron ou do que non. Entón o acto de contar, aínda que se fale de personaxes reais, porque eu falo de personaxes que existiron, hai unha acción de ficción que está basado en feitos reais. Nas historias de San Simón a min contáronme unha chea de detalles, nalgunhas sesión van e noutras sesións non van. Porque para min contar, é igual que para o grande narrador mundial e lalinense que é Celso. Para nós narrar é unha maneira de conversar co público e unha conversación ben levada consiste en contarlle ao outro cousas que lle poden interesar, non estarlle dando a paliza. Eu intento atender moito ao interese do público.

-Sabe dalgunha historia dunha persoa daquí? Pois sábese que moitos na zona acabaron no cárcere de San Simón.

- Podíache decir que si, pero seguramente alguén mas conte a min e eu se cadra nun futuro as incorpore. Como decía Mafalda, non lle podes regalar un terrón de azucre a Fidel Castro, que o azucre é o principal material que produce Cuba. Hai un acto de intercambio coas historias que eu conto e ao final sempre hai xente que me conta algo.

- Hai quen di que illa de San Simón foi cárcere, mentras que outros din que foi un campo de concentración. Como a define vostede?

-A illa en si serve de prisión, pero non é físicamente unha prisión como Alcatraz, senón que é unha illa que serve de reclusión. Eu intento definilo como campo de prisoneiros. Variou moito, foi moi económico no primeiro momento e foi fácil controlalo, ao ser unha illa pequena e entón era máis facil controlar aos prisioneiros. Nos primeiros días da guerra meteuse xente para dentro sen parar e en Galicia non había instalacións penitenciarias suficientes para iso e a illa foi unha magnífica oportunidade, cunha maior ou menor calidade de vida. A medida que retrocedían os republicanos chegaban máis presos alí, que estaban moi maltratados polas penalidades e pola fame, tamén pola idade, con xente moi maior, sobre todo no último ano. Aínda que inicialmente eran de proximidade, xa quecase todos os activistas democráticos da beira da ría de Vigo foron para alí. Xente que era concelleira de esquerda republicana, sindicalistas.

Compartir el artículo

stats