O coletivo feminista lalinense Azos Feministas convocou o xoves pola noite unha concentración na Praza da Igrexa da capital dezá, motivada polo asasinato dunha muller en Murcia, presuntamente a mans da súa exparella.

O acto de Azos Feministas consisteu en gardar un minuto de silencio polo tráxico acontecemento e no mesmo tamén se deu lectura a un manifesto no que se reivindicou a repulsa contra os ataques machistas e a violencia de xénero. Este coletivo foi constituido o pasado mes de febreiro logo dunha asamblea no IES Laxeiro. Foi impulsado polas mozas Lucía Castro García, Lucía Díaz Cagide e Belén Taboada Barros.