Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Manuel Núñez Singala: "Cada vez é máis difícil poder vivir cunha lingua soa no mundo no que estamos"

"Todas as linguas son útiles; hai que evitar as concepcións prexuizosas dos idiomas"

Manuel Núñez, onte, no obradoiro de lectura do IES Pintor Colmeiro de Silleda. // Bernabé/Javier Lalín

Estudantes de terceiro e cuarto da ESO do IES Pintor Colmeiro de Silleda participaron onte na biblioteca do centro nunha actividade extraescolar co escritor e filólogo Manuel Núñez Singala. Núñez coordinou un obradoiro de lectura no que os xóvenes compartiron as súas inquedanzas literarias co autor.

-Cómo lle foi cos rapaces?

-Moi ben. Foi unha charla interesante sobre un libro, unha novela escrita por min chamada "Caminhos na auga", que tiveron que ler e despois falamos un pouco sobre o libro. Eu conteilles cómo se xestou a obra e como se leva adiante, e eles fixeron preguntas sobre o tema.

-Foi un público agradecido?

-Sí, son bastantes noviños, pero moi agradables. Normalmente hai unha diferencia bastante clara -non sempre, eh!- entre o que é o interior e a costa. Na costa sonche máis inquietos, en xeral. Aquí, normalmente atenden máis nas charlas; é unha maneira de ser moi diferente.

-No seu libro "Sacar a lingua é de mala educación" fala das oportunidades do multinlingüismo na infancia e na idade adulta. Funciona na sociedade galega actual?

-Eu penso que o mundo é multlíngüe, e que cada vez o terá que ser máis porque cada vez é máis dificil poder vivir cunha lingua soa no mundo no que estamos, como se pode comprobar fácilmente. Hai anos sí que podías falar só un idioma, fose galego ou castelán, e non sentías máis necesidade. Hoxe en día é necesario, sobre todo o inglés, que nos goste ou non é a lingua franca, a lingua de comunicación internacional do noso tempo.

-Hoxe tamén está moi extendida a moda entre as parellas novas de falarlle aos fillos en dous idiomas. Non pensa que o inglés que podemos aprenderlles aos nenos será bastante deficiente?

-O mesmo lles pasa aos rapaces que aprenden a falar galego e castelán. Hai un tempo no que misturan os dous idiomas, moito menos do que normalmente se pensa porque enseguida se dan de conta, e distinguen un código de outro. Despois eles acaban distinguindo, e aínda que adquiran de maneira precaria o inglés, máis adiante si lles interesa xa o irán perfeccionando. O que é importante é aprender distintas linguas canto máis cedo mellor. Aquí temos a posibilidade de ser competentes desde a infancia en dous idiomas, e iso supón xa unha riqueza e unha vantaxe á hora de adquirir unha terceira ou unha cuarta. O que está demostrado científicamente é que os rapaces monolingües teñen moitos máis problemas de adquisición dunha segunda lingua que os bilingües de adquirir unha terceira.

-Cal é a idade perfecta para que o multilingüismo forme parte da vida cotidián dun neno?

-Moitas veces os nenos o que fan, sobre todo cando son máis pequenos, é valorar o que ven que os pais valoran. Enton, si os pais lle dan a importancia que ten falar dous ou tres idiomas, os rapaces vanlle dar importancia a iso tamén. Os nenos moitas veces son afeccionados ao fútbol porque os pais tamén o son. Despois, hai que saber que as linguas son linguas e que todas son útiles e válidas, e evitar tamén as concepcións prexuizosas dos idiomas.

Compartir el artículo

stats