Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Niko Alvarellos: "O disco ten unha edición coidada e artesanal"

O lalinense colabora no deseño do último traballo da artista galega Uxía Sende

Uxía Senlle e Niko Alvarellos, co premio.

Catro lalinenses formaron parte do traballo da artista galega Uxía. O disco Uxía-O, adicado ao poeta Uxío Novoneyra foi escollido "Mellor disco en galego 2017" nos Premios MIN da Música Independiente, que se entegaron nunha gala que se celebrou o mércores no Teatro Circo Price de Madrid. Ademais, o traballo tamén era candidato ao galardón de "Mellor Deseño gráfico", que finalmente logrou outra artista da comunidad, Mordem. Nesta candidatura moito ten que ver o lalinense Niko Alvarellos, que desempeñou o papel de director artístico, xuntando o talento dos dezaos Miguel Calvo, David Silva e o recoñecido pintor Antón Lamazares.

-Unha pena non conseguir esa segunda candidatura do traballo.

-Si. A ver, está moi ben igualmente, era algo que casi xa sabíamos. Tiñamos dúas candiaturas, pero levar un premio é magnífico. Ademais estamos moi contentos pola persoa que o levou, Mordem, que tamén é galega. Hai que dicir que como ten un seudónimo non saía nos medios de comunicación o seu nome, Elba Fernández. Ela é cantante, deseñadora e fotógrafa, fixo todo. Xoel López tiña cinco candidaturas aos galardóns e tamén é candidato aos premios independentes europeos.

-Que destacaría do librodisco que deseñou?

-É unha edición moi coidada, moi artesanal. Sáese un pouco do que son os cánones dun album. Ten parte dixital e parte manufacturada. Como é un disco que une a dama da canción galega con un poeta do século XX, entón dende o principio tiven claro que había que facer unha homenaxe formato libro, xa que Novoneyra é onde se desenvolvía. Por iso, buscamos que fose un disco, pero cunha edición que se poidese tamén vender en librerías. A edición ten unha visión renovada do Courel, poemas de Novoneyras que son16 temas interpretados por Uxía e a súa banda.

-Como surxiu a posibilidade de traballar con Uxía Sende?

-Eu xa colaboro coa Fundación Novoneyra en moitos proxectos dende hai bastentes anos. O traballo con Uxía ven a partir de que eu fíxenme cargo do deseño de sala e do catálago da exposición que tiña Antón Lamazares na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, e a raíz deste catálogo, nunha comida, en O Dezaseis, Uxía veu o meu traballo e como xa ía levar unha peza de Antón pois dixo que lle gustaría contar conmigo.

-Logo sumáronse outros lalinenses como Miguel Calvo ou David Silva.

-Máis que deseño gráfico, eu diría que neste traballo aportei a dirección artística. Estou moi agradecido tanto á Fundación que me deixa traballar libre, ao meu aire e por parte de Uxía estou moi agradecido porque deixoume a toda a libertade para decidir quen participaba ou o formato, entre outras cousas. Sabíamos que Antón iba a aportar unha peza súa á cuberta, pero o resto explicámoslle a Uxía que para facer un formato diferente tiñamos que unir o mundo da edición co da música. Expliqueille que ao mellor non saía en ningunha foto, ou solo nunha ou dúas e ela dixo que lle parecía perfecto. Eu aportei os colaboradores como, no caso da fotografía de Miguel Calvo ou na montaxe de David Silva, tamén lalinense. Ela, pola súa parte sempre me mostrou o seu apoio e me deixou facer o que quixera.

-Como é iso de xuntar o diseño gráfico co mundo da canción?

-A día de hoxe, sabendo que é un disco de música independente con un selo propio, entenemos que coas plataformas que contas de difusión son as redes sociais de cada un dos que participa no proxecto, porque non hai unha gran inversión económica nin márketing. Por iso tiven claro que había que facer algo diferente en formato, en material, en deseño, cunha execución moi cara, que nos costa moito, porque por exemplo, para presentar a un premio hai que enviar 70 discos para o xurado. É difícil manter iso, de feito, temos dous formatos de edición: unha de luxo, e outra máis para os medios e prensa.

-Onde se pode adquirir este librodisco?

-Pois basicamente en librerías, en tendas de discos, a través da páxina oficial de Uxía. Dende o primeiro momento quixemos estar presentes en librerías, ser cultura universal do século XXI galego, porque ao fin ao cabo en unha homenaxe a Novoneyra.

Compartir el artículo

stats