O Sobreiral do Arnego, localizado entre os concellos de Lalín, Agolada e Vila de Cruces, está calificado coma un Lugar de Interese Comunitario (LIC) e xa o ano pasado acolleu unha ruta nocturna, da man de Adega, para identificar distintas especies de morcegos. Pero o colectivo ecoloxista tén para o Arnego un proxecto de máis envergadura: a posta en marcha do acordo de custodia do territorio que asinou en marzo de 2016 cos propietarios da parcela Zarra da Pena, que ocupa unahas 20 hectáreas.

Onte comezaron as primeiras actividades, con 28 voluntarios chegados de Melide, Vigo, A Coruña, Lugo e Santiago. Baixo as pautas de Ramsés Pérez, o coordinador do programa, o equipo fixo a primeira das catro Bioblitz, que poden traducirse como "descubertas relámpago de diversidade". Haberá unha análise de fauna por cada estación, así como dúas de flora e outroas dúas específicas para morcegos e outras especies. Con toda a información que se aporte farase un inventario, como sinala Pérez.

Onte o bo tempo permitiu identificar ata 45 especies de aves distintas, entre as que figuran o pimpín real, que adoita baixar de Europa durante os meses de máis frío. Os asistentes a esta xornada tamén puideron ver as primeiras bolboretas do ano (ata catro especies distintas) e detectar sete clases de mamíferos, ben por visión directa ou polos seus excrementos: garduñas, esquíos, corzos e teixugos están no listado. O sol, máis ben tímido, só permitiu que se vise un réptil, a lagartixa galega.

Caracol de Quimper

Ramsés Pérez sinala que nesta primeira observación tamén se puido constatar a presenza dunha especie que non estaba catalogada na biodiversidade do Arnego: o caracol de Quimper. É un animal típico de zonas húmidas e de bosques de ribeira. Onte non se detectaron especies de fauna invasora, pero sí se tén proxectado eliminar flora alóctona como eucaliptos que medran nunha zona da finca. En canto ás sobreiras, en xuño e a proposta de Martiño Nercellas, farase unha demostración de descortizado.