A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) porá en marcha a partir deste fin de semana un programa baixo o nome Custodiando o Sobreiral do Arnego, en Agolada. O coordinador deste plan dentro da entidade, Ramsés Pérez, explica que esta iniciativa ven financiado pola fundación Biodiversidad, do Ministerio de Medio Ambiente, que ten como obxectivo protexer e conservar o patrimonio natural e biodiversidade. E para iso canaliza axudas e fondos para o desenvolvemento de entidades como ONG, centro de investigacións ou universidades.

O proxecto que porá en marcha Adega iníciase este fin de semana, pero estará activo durante un longo período no que se realizarán tarefas de divulgación, estudo e recuperación do Sobreiral do Arnego, en concreto na parcela A zarra da Pena, despois de que no 2016 este colectivo fixeses un acordo de custodia de territorio. Desta maneira, realizaranse no marco do proxecto inventario de flora e fauna, recuperación de elementos naturais e etnográficos así como actividades de voluntariado ambiental.

Así, o sábado a partir das 10.00 horas comezará a primeira das actividades, "dioblitz descuberta relámpago", explica Pérez. Unha actividade que intentará descubrir nun certo tempo a maior diversidade posible. Ao redor dunha vintena de participantes reuniranse para observar fauna: Aves, bolboretas, anfibios e pegadas de mamíferos. Ademais diso tamén realizarán unha intervención de eliminación de especies exóticas invasoras.

O segundo día, o domingo, as tarefas céntranse na recuperación da zona, como dunha poza denominada corvo do Ave, como dos balados e a plantación de sobreirais, tal e como explica o encargado do proxecto. Recoñece que se van a realizar máis dioblitz, polo menos un por estación, polo que este será o primeiro do ano relacionado co inverno, para logo dar paso a un en primavera, verán e outono. Así, poderanse ver diferentes animais, segundo a época. Explica tamén que se realizarán un destinado aos morcegos e á instalacións de caixas nido para estes animais.