Lalín despideu onte á noite o Entroido coa tradicional Queima do Meco, que este ano tivo como protagonista o turismo do Concello utilizado pola concelleira de Cultura, Lara Rodríguez Peña, para facer acudir a un exame antes dun pleno. Este, e outros, foron algúns dos episodios que a modo de resumo do ano foron presentadas pola asociación O Naranxo nas coplas de Santo Torrisco que se cantaron por bares da vila o pasado sábado e que se volveron retomar onte.

Os participantes neste acto, co que remata unhas celebracións que na vila se están recuperando nos últimos anos grazas a O Naranxo ou máis recentemente aos veciños da Cacharela, xuntáronse diante da panadería Nercellas para recorrer parte da Avenida Bos Aires e Loriga e chegar á Praza da Igrexa para prenderlle lume ao Meco. A música e a presenza dos Cacharelos, habitual nos últimos anos, amenizaron unha proposta festiva e transgresora na que ninguén se escapa á crítica e menos case que todos os políticos que conforman a corporación municipal.