| Os nenos tiveron onte a súa cota de protagonismo carnavaleiro con distintas actividades especialmente concebidas para eles. Así, deu comezo o Titerentroido coa obra Os soños da gaiola, de Títeres Alakrán. Hoxe, tamén ás 18:00 horas, no Museo Municipal Ramón Aller será a quenda da compañía zamorana Baychimo Teatro, que poñerá en escea Cuentos en verso para niños perversos. A entrada ten un prezo de tres euros. O Círculo de Recreo e Café Casino acolleu o primeiro encontro infantil de Entroido, con regalos para todos os nenos, obradoiros de máscaras e música. E no Centro Comercial Pontiñas houbo un taller para decorar o escenario sobre o que terá lugar o concurso de disfraces do martes.