15 de noviembre de 2017
15.11.2017

Os Premios San Martiño, todo un fito no camiño

Codeseda Viva, Mario Franco e Carme Pérez reciben os galardóns á Normalización Lingüística que outorga O Brado

15.11.2017 | 03:31
O alcalde e o secretario de Política Lingüística, Valentín García, presidiron onte a entrega dos premios San Martiño. // Bernabé / Ana Agra

Os tres galardoados pola Asociación O Brado cos Premios San Martiño de Normalización Lingüística teñen sobradamente acreditado o seu compromiso co idioma. Son merecentes deste fito por ollar o futuro sen esquecer a historia. Se esta revive nas obras do escritor afincado en Rubín Mario Franco e tamén grazas a Carmen Pérez, integrante da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e de Galeguizar Galicia, a historia de Codeseda e ata do Camiño da Geira e dos Arrieiros está máis viva que nunca grazas a Codeseda Viva. Para este ente, máis que para ninguén, este premio é todo un fito... no Camiño.

Codeseda Viva, Mario Franco e Carme Pérez recibiron onte no Teatro Principal da Estrada os Premios San Martiño de Normalización Lingüística que recoñecen o compromiso co idioma. Para os tres galardoados pola Asociación Cultural O Brado da Estrada na 27ª edición dos galardóns San Martiño, este recoñecemento constitúe todo un fito no camiño.

Os tres son merecentes del porque traballan a prol da lingua galega mentres ollan o futuro sen esquecer a historia. Esta e a lingua camiñan collidas da man polas páxinas das obras do escritor Mario Franco, galardoado na modalidade de toda unha vida de defensa do idioma. Tras unha vida "moi aventureira", este antigo mariñeiro reconvertido en escritor aos 72 anos e veciño de Rubín, ten 15 libros escritos dos que catro xa foron publicados. Promete seguir traballando, incansable, na mesma liña para seguir facendo o que mellor sabe: contar historias.

Tamén a gañadora do premio de Galicia Enteira, a funcionaria natural de Tomiño Carme Pérez Vaquero, promete seguir traballando arreo pola normalización lingüística, á que leva moitos anos vencellada a través de colectivos como a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística ou Galeguizar Galicia.

Pola súa banda, a Asociación Codeseda Viva -que onte recibiu o premio e fixo público o seu agradecemento a través do arquitecto Marcos Pérez Cachafeiro- ten neste galardón un fito no seu camiño e ata no Camiño da Geira e dos Arrieiros, que une Braga (Portugal) con Santiago pasando por zonas desta comarca como Codeseda ou A Estrada. Pretende que sexa recoñecido como Camiño Cultural Preferente primeiro e como Camiño Xacobeo despois. Dous dos homes que máis se teñen implicado nesta loita e noutros importantes proxectos do ente -como a ruta de sendeirismo Codeseda-Sabucedo, o inventario de petroglifos e mámoas da parroquia ou a recollida de fotos antigas, documentos e toponimia parroquial- son Carlos da Barreira e Jorge Fernández. Onte preferiron que fora Marcos Pérez quen o recollera o premio, recoñecendo así o seu importante labor de investigación sobre o vello mosteiro de Codeseda. Foi un bo xeito de seguir facendo Camiño. Todos a unha polo futuro de Codeseda, da Estrada e de Tabeirós-Montes.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


selectividad 2018 Galicia

Toda la información sobre la selectividad

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


Enlaces recomendados: Premios Cine