O auditorio municipal de Lalín acolle esta tarde (20.00 horas) unha proposta de Club Faro. En colaboración coa Deputación de Pontevedra, a sesión aberta ao público leva por título Gastronomía e enoturismo como factor diferencial. O deputado David Regades será o encargado de moderar a xornada. O decano da prensa estatal contará nesta ocasión co recoñecido cociñeiro pontevedrés Pepe Solla e co sumiller Xoán Cannas.

Os primeiro dos ponentes é o cheff do restaurante Casa Solla, de Poio; fundado en 1961, que ten unha estrela Michelín e tres soles Repsol. Solla compaxina o traballo de sala como sumiller cos sus estudos de Empresariais. En 1994 é un dos fundadores da Asociación Gallega de Sumilleres. Na cociña, tras realizar diversos cursos, como en Cala Montjoi, da man de Ferrán Adriá, en 1999 toma as rendas de Casa Solla, e en 2001 asume a súa xerencia. Xoán Cannas, Sumiller Nariz de Oro 2004, é unha persoa clave no panorama vitivinícola nacional da última década. Director do Instituto Galego do Viño, é sumiller e copropietario dos restaurantes Pepe Vieira e La Ultramar. Diplomado en Ciencias da Educación pola USC, é copropietario tamén de Atlantic Galician Spirits (Nordés).