O campionato de petanca da Bandeira arrancou en 1978 co apoio do Concello e de varias empresas locais y despois de tantos anos xa é un referente en Galicia, tamén pola contía dos seus premios. A relevancia do mesmo compróbase ao ver que chegaron a tomar parte nel máis de 140 equipos, dos que a maior parte procedían da zona de Vigo.

O deste domingo día 20 dará comezo ás 10.00 horas e será na Praza Juan Salgueiro. Na modalidade de dupletas, repartirá 600 euros en premio. Os primeiros clasificados recibirán 300 e o segundos e terceiros, 200 e 100 respectivamente. Os trofeos son doados polos bares Bernabé e Arume e a empresa Sima SL. As bases do mesmo establecen que o regulamento será o vixente da petanca para este ano e a organización ten reservado o dereito de admisión. Poden participar deportistas sen federar e no caso de algún incidente entre os equipos, a organización resérvarse a posibilidade de eliminalos da proba.