A xunta directiva da asociación Amigos da Banda de Agolada conta cun novo equipo dende a pasada semana, escollido tras a súa votación entre os membros, e cuxa presidencia estará a cargo de Marta García Sánchez. A xunta complétase con David Areán como vicepresidente, Paula González no posto de secretaria, Raquel Fernández como encargada de tesorería e David García, Diego Agra e Rubén Porto coma representantes vocales. A nova xunta directiva presentaráse oficialmente o día 21 deste mes, na Casa da Cultura de Agolada. A Banda Municipal conta dende fai 3 meses cun novo director, Miguel Adrián Pazos, que ocupa el lugar dejado por Nilo García Armas, que llevó durante una década la batuta de la Banda.

-Cal é a súa vinculación co mundo da música?

-Toco o clarinete na Banda Municipal de Agolada e levo 10 anos con eles.

-Como surxe a idea de presentar a súa candidatura para a presidencia?

-A idea nace despois de que un grupo de músicos da Agolada, que xa nos coñecíamos, decidimos xuntarnos para facer unha nova directiva e asignáronme a min o posto de presidenta. Todos os membros da directiva traballamos por igual para levar a cabo un bo proxecto. Eu podo ser a cara visible pero traballar, traballamos todos.

-De que debe facerse cargo a unha asociación como a de vostedes? En ocasións parece que non se é consciente do traballo que precisa coordenar unha entidade dunha dimensión coma esta...

-Pois encargámonos de distintas tarefas, levando a administración dos eventos que se van realizar ao longo do ano. Nós somos os encargados de facer as contratacións das actuacións nas festas, manexamos os cobros, tamén levamos as actividades relacionada ca Escola de música e os estudantes, tratamos as axudas ou colaboracións cos concellos...

-Cómo está resultando para os músicos y para a familia da banda en xeral a dirección do novo batuta, Miguel Pazos?

-Estamos moi contentos co novo director, as cousas están saíndo moi ben, non tivemos ningún problema. Todo está funcionando correctamente, e estamos especialmente satisfeitos sobre todo ca dirección e o trato que se lle está dando ós rapaces na Escola de Música. Miguel estáse implicando moito no proxecto, porque quere que aumente a participación nas actividades e haxa un aumento de inscritos na banda.

-Cales son os próximos proxectos da Banda de Agolada?

-Agora en verán estamos organizándonos pouco a pouco, de momento non temos nada pechado. Debemos esperar ata que den comenzo as clases na Escola en setembro para levar a cabo a organización do calendario de actividades que se realizarán ali: Durante o ano organizaremos diversas tarefas lúdicas cos rapaces, concertos con temática de animación, por exemplo. O noso obxectivo para este curso que entra é poder realizar unha viaxe, pero aínda temos que valorar se será posible.

-Van participar nalgún concurso ou festival antes de que remate este verán?

-De momento non o plantexamos porque a banda aínda está adaptándose ao novo director, consideramos que aínda necesitamos máis tempo, pero supoño que máis adiante si pode surxir a idea.

-Que se aprende sendo parte dunha banda de música, algo con tanta tradición nesta bisbarra?

-Formar parte dunha banda significa aprénder cal é o que significado da música, ademáis da formación, saber facer conxunto e colaborar para tocar en grupo, traballar en equipo para poder sacar adiante os concertos... É coma unha gran familia.Para os nenos, por exemplo, aprenden a ser máis responsables, sen esquecer que tamén hai divertirse. Pero o máis importante é que aprenden como traballar en equipo, algo que resulta esencial nunha agrupación musical.