Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"Quero pechar dous proxectos: un con fotos de rapas das bestas en Galicia que levo facendo dez anos e outro sobre o Entroido"

-Cando comezou o seu interese polo mundo da fotografía?

-Empecei traballando na Casa da Mocidade de Ourense, facendo prácticas no laboratorio. Aí foi cando me comezou a gustar. Logo entrei a traballar no xornal, un pouco de forma casual, non era algo que tivese clarísimo, pero gústache, aprendes, engánchate e finalmente atrápate. Sempre me dediquei a isto. Son autodidacta, só fixen algún curso e taller fai poucos anos. Daquela tampouco había as escolas que hai agora. As máis próximas eran en Madrid e custaba moito diñeiro irse a estudar alá.

-Ten algunha exposición próxima?

-Si, editamos agora un libro de Luis Cobelo, "Zurumbático", que se está expoñendo nun festival en Italia. Logo igual o traemos para aquí. Por outra parte, estou cerrando un tema dos curros de Galicia e a rapa das bestas, no cal xa levo moitos anos facendo fotos. A idea é crear un libro sobre o tema. Tamén me dedico a rematar outro proxecto sobre o do Entroido, que quero sacar o ano que vén. Pero estas son cousas que non se saben, porque poden mudar dun ano para outro. Igual en pechar un proxecto se poden tardar dez anos fácilmente, como son os casos anteriores. Vas pouco a pouco. Ademais os proxectos van mudando, van madurando e van cambiando. Entón, ao mellor fotos que facías os primerios anos non che serven para nada porque vas collendo outros camiños e logo ves fotos coas que dis: " non, esta foto xa non me vale". É interminable e sufrido ás veces.

-Cales son os seus obxectivos futuros a curto prazo como Tono Arias?

-A curto prazo o meu principal obxectivo é ter traballo, sexa nunha voda ou en calquera celebración pois tamén fago un pouco traballo dese tipo. Fotografío arquitectura, editorial e gastronomía, entre outros. Logo teño os dous proxectos no tinteiro: o dos cabalos, de curros en Galicia, como o da Rapa de Sabucedo, que comentei anteriormente e que me gustaría sacalo este ano; e o seguinte, xa para o ano que vén, sobre o Entroido. Son traballos aos que ao levarlle dedicado tanto tempo, máis de 10 anos, xa teño un pouco de ganas de pechalos.

Compartir el artículo

stats