Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"Gozo facendo imaxes que non se saiba ben o que ocorre nelas"

-Como definiría o seu estilo como fotógrafo?

-A min gústame a fotografía documental. Gústame facer traballos a longo prazo de foto documental sobre temas que me poidan interesar, que goce facéndoos, non só indo facer as fotografías senón tamén no desenvolvemento no que traballas. Logo tamén a fotografía é como un carballo, van xurdindo pólas e ti vas tentando completalas todas pero o interesante é ir podando algunhas para que deixe seguir crecendo a árbore. Isto é o máis complexo: pechar proxectos para seguir con outros. No meu caso traballo así. A min gústame pechar un proxecto e esquecerme dese tema. En principio, podes volver facer algunha foto diso pero tes que coller camiño cara outros lados. Tamén fago fotografía contemporánea. Non busco a foto de prensa que amosa o que está a pasar. Busco máis ben imaxes que sexan enigmáticas, que non se saiba moi ben o que está a pasar nelas. Se queres que unha persoa se deteña nunha imaxe un momento pois ten que expoñerlle preguntas. Eu gozo conseguindo imaxes que non se saiba moi ben o que está a pasar nelas.

-Expón todas as súas obras en Dispara ou vai a outras salas e galerías?

-Non, non sempre expoño nesta galería. Eu aquí fixen unha. E, se remato un proxecto e non teño un lugar fixado nalgunha institución para que corra un pouco cos gastos, pois expoño en Dispara. Pero sempre buscas sacar beneficio, como é normal. Eu non vou a exponer en lugares como museos ou salas se non mas pagan. Para iso expoño no meu local. Aquí en Dispara fanse exposición doutros fotógrafos e tamén exposicións colectivas. Temos organizado algunhas, pódense ver na páxina web da galería: dispara.org.

Compartir el artículo

stats