Nesta edición, Feiradeza contou con un presuposto que superior aos 30.000 euros para a organización da cita. Os impulsores do evento precisaron un total de 27.000 euros, co importe dos premios incluído, par apor en marcha os tres días de actividades, mentres que para a publicidade foi necesaria unha achega de 4.000 euros.

O alcalde lalinense, Rafael Cuiña, considera que "a aposta por Feiradeza ten que ser decidida e absoluta porque somos un concello do rural". Polo tanto considera que é fundamental apostar por este tipo de eventos en Lalín. De feito, anuncia a posibilidade de reforzar a cita xa que "a consideramos clave dentro do calendario de eventos comarcais", remarca. Da mesma maneira, convida a todos os veciños da zona a visitar Feiradeza.

Por outra parte, incide no compromiso do goberno co sector leiteiro, por iso reclama unha vez máis á Xunta medidas para apostar por este sector. "Se o sector leiteiro e gandeiro acaba por desaparecer teremos un grandísimo problema no interior de Galicia sobre todo e en comarcas tan importantes coma esta", sinala. Neste senso, anuncia un aumento das partidas para o apoio a Feiradeza, ademais agradece aos patrocinadores por involucrarse neste evento que consideran o sector gandeiro lalinense como un referente.