21 de junio de 2017
21.06.2017

Pablo Vázquez investiga a obra do músico Juan Eiras no Traballo de fin de Estudos

O trompetista realizará un concerto o día 30 no Auditorio Martín Códax na localidade de Vigo

21.06.2017 | 03:56
O agoladés Pablo Vázquez.

O trompetista agoladés Pablo Vázquez realiza unha investigación sobre a obra de Juan Eiras no se Traballo de Fin de Estudos no Conservatorio Superior de Música de Vigo. O concerto terá lugar o día 30 de xuño no Auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo e constará de dúas partes. Na primeira, ás 9.00 horas, Vázquez expondrá os resultados obtidos na investigación realizada sobre a obra de Eiras Polyhedron, e continuará ás 12.00 horas co estreo absoluto do quinteto con un concerto aberto ao público. O programa complétase con obras de Haydn, Pennequin e tomasi.

O traballo de Vázquez é novidoso en canto a temática elixida, xa que non é habitual centrarse na obra dun compositor galego contemporáneo, e ao mesmo tempo, encerra unha dificultade engadida ao estar escrita para quinteto de metais nunha linguaxe actual, onde se integran diferentes calidades de son. É un traballo que poucos interpretes de música clásica se atreven a acometer, nos que o xoven trompetista demostra valentía e madurez.

Para a interpretación de Polyhedron, Vázquez empregará un sistema de sincronización mediante protocolo MIDI para así distribuír ós músicos no espazo físico, logrando un efecto de xeometrización do espazo acústico. No estreo, o trompetista agoladés estará acompañado de Adán Fernández, tamén coa trompeta; Ángela Freiría, na trompa; Óscar Presa no trombón e Pedro Lamas na tuba.

Tanto a Vázquez como a Eiras lles une un vínculo moi especial con Agolada ademais do gusto pola música. Juan Eiras, con raíces agoladesas dedicou varias obras á súa localidade da comarca do Deza.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia