Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Tucho Novo: "Non nos gusta nada mesturar política e rock, é algo que persoalmente odio"

"Se Galicia fora independente, molaría ser os candidatos no festival de Eurovisión"

Tucho Novo, nunha das actuacións recentes da banda Heredeiros da Crus. // Marcos Martínez

Os Heredeiros da Crus creáronse na parroquia ribeirense de Castiñeiras no ano 1992, por iniciativa de Tonhito de Poi. A banda compoñíana un grupo de cinco rapaces: Tucho Novo (guitarra e voz), Tonhito de Poi (guitarra rítmica e "corros"), Javi Maneiro (O fillo da Necha), (voz), Francisco Velo (O Jran Fran), (baixo), e Beni (batería). A banda separouse en 2005, e a comezos do ano 2012 anunciou a súa reunión para a realización dun concerto polo seu 20 aniversario. Mañá, os máis jandres tocarán xunto a Fillos do Estramonio e Astarot no primeiro Festival Galo Rock, en Vila de Cruces. Tucho Novo estará con eles no escenario.

-Seguen tendo un público moi fiel, non?

-A verdade e que é bastante fiel. Imos tocar este verán tódolos concertos gratis, e neste do Galo Rock xa hai mogollón de entradas vendidas. Fíxate se son fieis ou non, macho. É estupendo, tío.

-Onde radica o éxito dunha banda como Heredeiros da Crus despois de tantos anos xuntos?

-Nas cancións. Se non tés cancións boas non fas nada. Por moito que toques ou por moi guapo que seas, non te comes nada. Eu penso que temos cancións que chegan a moita xente. O principal dun grupo de rock son as cancións. Tamén temos un directo moi cañero, unha posta en escea recoñecible e a actitude que temos tamén conta. Iso todo axudou ao grupo a ir para arriba e que á xente lle goste o que estamos a facer. Sempre tivemos moi claro que a nós nos gosta cambiar de pintas e ter unha imaxe guai enriba do escenario. Dámoslle moitísima importancia á imaxe dende o principio.

-Falando de actitude dos músicos, cómo ten que ser a do grupo nestes tempos que corren?

-Pois temos que ser rockeiros a tope, tío. E ante todo moi divertidos. Nós escapamos das políticas e de todo iso, nunca hai unha mensaxe política nas nosas cancións porque non nos gosta. De feito, hai moita xente que nos pide dende fai anos que o fagamos e nós non estamos por facelo. Sempre lles decimos que non somos un grupo político, Heredeiros da Crus é ante todo un grupo de rock and roll. Persoalmente, a min non me gosta nada mesturar a política e o rock and roll, é algo que odio.

-Tonhito de Poi congratulábase estos días polo éxito do portugués Salvador Sobral en Eurovisión e bromeaba sobre a posibilidade de mandar a un galego ao festival para repetir a fazaña do cantante luso. Qué lle parece a idea?

-A diferencia que hai é que Galicia non é independente, se fora independente claro que poderíamos ir como país ao festival. Formamos parte de España, e o idioma nacional é o castelán, aínda que o galego é o idioma do país, non é o idioma que fala todo Dios. Non van permitir poder mandar a un grupo representando a España cantando en galego. A mín daríame igual que fora un grupo basco ou catalán, pero iso non vai pasar. Olvídate. A non ser que se independice Galicia -que sería guai- pois si que molaría porque eramos os candidatos, seguro. Aínda faltan moitos anos para iso, home.

-Qué concerto teñen pensado facer no primeiro Galo Rock?

-Desmadrado, coma sempre. E o que xurda, porque nós somos moi espontáneos cando estamos no escenario. Levamos así todo este tempo. Estivemos oito anos parados e agora non temos intención ningunha de parar. O Galo Rock de Cruces tén moi boa pinta e seguro que vai estar ben. O importante é pasalo ben e divertirnos.

Compartir el artículo

stats