O próximo mércores, 31 de maio, a sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística, na rúa compostelá de San Roque, acolle a presentación do novo proxecto de Bruxo Queiman e Andrea Pousa. O traballo, que leva por título O Himno, por Andrea Pousa, O Himno, por Andrea Pousainclúe un libro, un CD e un DVD, e trátase dunha homenaxe aos emigrantes e aos galegos que defenden o idioma galego, "levándoa polo mundo adiante coma un signo peculiar e diferenciado", explica o dúo.

O CD incorpora o propio tema que dá nome ao traballo, así como unha versión reducida e outra especial, que interpreta Bruxo Queiman, e que é unha versión do poema Desta Terra, do escritor cruceño Xosé Neira Vilas Esta versión tamén aparece no DVD, no que ademais se ofrece un making off e un documental con diferentes fundacións e personalidades de Galicia.

A presentación comezará ás 11.30 horas e estará conducida polo xornalista Terio Carrera. Intervirán o compositor Nani Garcúa, mo xerente da Fundación Eduardo Pondal, José María Varela, o presidente da Fundación Santo André de Teixido, Ramón Tudela, o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa, e o presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes.

Actuación en la Festa do Galo

Éste non é o único vínculo que teñen Queiman e Pousa con Vila de Cruces. Fixeron unha performance durante a presentación da Festa do Galo de Curral, na parroquia de Añobre, e este domingo, precisamente no evento gastronómico, actuarán ás 12.15 horas xunto á Coral San Salvador de Camanzo e a Banda de Gaitas de Piloño.