Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

"Na miña casa sempre houbo un gusto polos libros"

-Aínda que xa ten un nome neste mundo supoño que para moitos na Estrada seguirá a ser a filla de David Otero. Isto da literatura é algo que xa lle ven desde pequena? É algo que lle inculcaron na casa?

-Ven de familia pero o certo é que de catro irmáns que somos eu son a única que se adica a escribir. As veces nunca sabes se é algo que che ven de familia ou non. No meu caso eu si que vexo cousas. Na miña casa por exemplo sempre houbo un gusto pola literatura e polos libros. Sempre recordo á miña nai e ao meu pai falando de aumentar a casa porque chegaba un momento no que non cabían máis libros. Supoño que a familia foi moi importante á hora de adicarme a isto. Creo sen embargo que o máis importante do que me transmitiron foi o respecto, o respecto pola palabra. Iso foi algo que sempre me inculcaron e que lle debo agradecer a eles.

-A literatura non é sen embargo a súa única ocupación. Tamén estivo moi relacionada con mundo da interpretación.

-Hai xa moita tempo que non estou relacionada co cinema. É certo que me formei como actriz e durante un tempo tiven una actividade intensa relacionada co audiovisual. É algo que quedou un pouco atrás. Un vai buscando o seu lugar e é certo que neste momento estou absolutamente centrada na editora Apiario, en escribir e en moitas actividades relacionada coa palabra.

Compartir el artículo

stats