| A xornada de onte pechou unha etapa para os alumnos de dous centros educativos de Deza: os do IES Aller Ulloa, de Lalín, e os do Colexio Plurilingüe María Inmaculada, de Silleda. O centro educativo lalinense celebrou no seu salón de actos a graduación dos estudantes de segundo de Bacharelato, nun acto no que estiveron acompañados polos seus familiares. Pola súa banda, unha ducia de estudantes do colexio María Inmaculada protagonizaron un evento similar no salón parroquial. Este centro, ademais, o próximo martes, día 23, recibirá a visita do actor e presentador Manuel Manquiña, que falará cos mozos sobre a televisión e o teatro. Esta actividade enmárcase dentro do proxecto E ti... de quén vés sendo?, do programa eduMOTIVA, da Consellería de Educación e co que se pretende ir guiando aos alumnos cara o seu futuro profesional.