Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Ses gosta dos títeres de Viravolta

A compañía lalinense participa no último videoclip da artista polo tema 'Desde o altar'

O equipo da cantante durante a gravación no Pazo de Liñares. // SES

María Xosé Silvar "Ses" deu a coñecer o videoclip da canción Desde o altar, no que participa a compañía Viravolta Títeres. Este traballo da cantautora coruñesa pertence ó seu cuarto e último disco Opoñerse á Extinción que saíu á luz o pasado 2 de decembro. Nesta ocasión, para a realización deste novo videoclip, Ses contou coa compañía lalinense que se encargou da construcción e da manipulación dos monicreques durante a gravación que se realizou no Museo Galego da Marioneta ubicado no Pazo de Liñares. Ademais, a cruceña Elena Ferro tamén colaborou no videoclip coa fabricación dos zapatos do títere que encarna á cantante.

Cabe salientar que a participación de Viravolta Títeres no traballo foi por propia decisión de Ses, segundo recoñecen dende o equipo da cantante. De todas formas, tamén explican que non foi unha decisión premeditada senón que foi dada por un conxunto de encontros vinculados pola amizade. Finalmente, foi unha visita ao Pazo de Liñares o que motivou a Ses a poñer en marcha o guión e o storytelling, ambos do seu puño e letra, para que a gravación se efectuase canto antes. Logo de realizar o guión do videoclip trasladoullo aos membros de Virovolta Títeres para que eles puidesen efectuar a súa parte principal, a creación dos monicreques.

A gravación púxose en marcha hai aproximadamente un mes, a comezos do mes de abril, nunha soa sesión que levou dende as 9 da maña ata as 9 da noite. Despois realizarse os traballos no Pazo de Liñares, o equipo da cantautora encargouse da postprodución. No videoclip pódese ver un a recarnación titiritesca de Ses, un boneco que seguramente a artista decidirá quedarse con él. O fío condutor do traballo versa a raíz do medo.

Xosé María Silvar realizou o ano pasado un concerto na Praza da Igrexa polo Cocido do Orgullo, polo que non é a primeira vez que demostra as súas capacidades na comarca de Deza. As próximas actuacións de Ses serán o 19 e 20 do presente mes na semana cultural galega de Badalona e na Festa de Santa Rita de Vilagarcía, respectivamente. Seguidamente, o 10 de xuño estará na Comunidade Valenciá, concretamente en Valencia formando parte do Festival Música i Lletra de Xátiva.

Compartir el artículo

stats