O luns de entroido continúa tendo moitos seguidores, non só na vila ourensana de Laza senón tamén na comarca do Deza. Desta maneira son múltilples as actividades que se celebraron no día de onte. O fin de semana quédase pequeno para aqueles que o disfraz é algo máis que un vestimenta no entroido. Por eso mismo, o Concello de Lalín organizou onte un concurso de disfraces na Carpa Mahou instalada no campo da feira. Entre as actividades do evento tamén estaba programado un desfile polas rúas da localidade que foi finalmente cancelado por mor da choiva intermitente durante todo o día de onte. A volta do frío non impidiu a unha gran cantidade de asistentes a esta carpa que serviu como un refuxio perfecto para dar a coñecer os mellores disfraces. A pesar de que o desfile non se celebrou, as charangas que ían a participar nel si que amenizaron a velada no Campo da Feira Vello. Tamén os inchables para que os máis pequenos aproveitaran a xornada se escola.

A orinalidade, a simpatía, a crítica, así como tamén a laborisadade forón algúns dos requisitos para que o xurado repartise os 1.000 euros en premios. Tres categorías foron as que conformabana o concurso, grupos de más de tres personas, parellas ou tríos e individuais.Os gañadores da categoría de grupos de máis de tres persoas foi Royal Family de Cogami que se levou un premio de 250 euros, en segunda posición Festa Rachada (140 euros), terceiros Autos locos (80 euros), cuarta posición O gran circo de Aspadeza (60 euros) e quintos Zootrópolis (50 euros). Na categoría dedúos e tríos, os gañadores foron Os porquiños do Cocido (80 euros), Mujeres Hombres y viceversa (60 euros), O poli e o casco (50 euros). Hippies (40 euros), Dúo de Paiasos (30 euros). E na categoría de individuais o primeiro premio foi para Tiovivo (50 euros), seguido de mini mouse (40 euros), Alexandre o Canteiro (60 euros) e a Sartén e Señor Spock con 20 euros respectivamente.

Festa infantil

Este non foi o único evento de entroido na comarca, pois o Centro Cultural Vista Alegre de A Bandeira organizou un festa de entroido infantil con todo tipo de animación, donde os nenos disfrazados poideron disfrutar de unha merenda como agasallo. Mentres que na Biblioteca Municipal Xosé Casal de Vila de Cruces, Anxo Moure realizou un espectáculo para os máis pequenos. O contacontos tratou con un monólogo de carnaval de que nenos e nenas souperan algo máis do entroido.