| A Eira da Xoana, na parroquia de Ramil (Agolada), sumouse á celebración do Entroido coa recuperación dunha tradición da época prerromana coñecida como Festa das Lobas ou Lupanaria. O evento serviu, tamén, para que esta fundación vinculada a Adega amosase a súa defensa do lobo, unha especie que nos últimos meses vive rodeado de polémica.