Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Séchu Sende: "O proceso de dinamización social da Cacharela é moi interesante"

"Entruidos e mascaradas da Galiza é un libro infantil pioneiro"

Sende onte na presentación do libro no Doña Maruja. // Bernabé/J. Lalín

A Escola de Ensino en Galego Semente presentou onte no gastrobar Doña Maruja de Lalín o libro lúdico-didáctico Entruidos e mascaradas na Galiza, pensado para pais e mestres. Trátase dun traballo con estética de caderno, e pensado para todas as idades, que reúne 58 deseños con case 70 mascaradas galegas de Entroido e doutros ciclos festivos, acompañados dunha breve explicación da súa dinámica e do lugar do que proceden. O profesor Séchu Sende colabora con esta escola compostelana.

-Cal é o obxectivo final de este tipo de libros infantis?

-Achegar os entroidos e as mascaradas de toda Galiza a todos os nenos e nenas. É un libro cunha finalidade didáctica e o primeiro adicado aos rapaces con todos os entroidos de Galiza. Aparecen uns 70 traxes e vestimentas de Entroido e tamén ten actividades como xogos, trabalinguas, sopas de letras e propostas didácticas para aprender cos fillos ou co alumnado.

-Onde radica a valía do libro?

-Pois, por un lado visibiliza toda a variedade dos entroidos de toda Galiza, desde Ourense ata o de Lalín. De feito, a presentación faise en colaboración coa Asociación de Veciños da Cacharela porque é un dos procesos de revitalización do Entroido que mais interese suscita porque o cacharelo é unha figura que está inspirada nunha imaxe de Laxeiro, e todo ese proceso de dinamización social que se fai na Cacharela a través da cultura parécenos moi interesante. Por iso lle pedimos a Celso Fernández Sanmartín e a xente da asociación que nos acompañase hoxe (por onte) na presentación do libro.

-Están todos os entroidos galegos reflexados nesta obra?

-A verdade é que están todos os importantes e sobranceiros. No libro hai desde entroidos ancestrais, que teñen seguramente centos e centos de anos, ata outros como este de Lalín que recollen ese espíritu histórico do Entroido, e que son novos ou actualizacións de este evento festivo do Entroido.

-Xa se pode mercar nas librerías galegas ou aínda non?

-O libro vai estar en librerías e tamén no perfil do Facebook que leva o mesmo título que a obra temos unha referencia de librerías onde xa se pode mercar. Tamén en internet está nunha tenda virtual que se chama www.galiciangifts.com onde se pode comprar de xeito moi cómodo para quen quera telo. Nós vamos presentar o libro en diferentes entroidos por toda Galiza os próximos días e tamén a través dunha rede social de pais e nais da escola Semente de Santiago de Compostela. Eu formo parte da escola que editou o libro e estou moi contento co resultado. Estamos a preparar moitas cousas para o futuro, pero agora estamos centrados na promoción e na presentación desta obra que é algo realmente moi novedoso.

Compartir el artículo

stats