Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

E ti de onde vés sendo?

Propoñen o cambio de xentilicios de varias localidades de Deza

Cartel de Agolada a la entrada del municipio. // Bernabé/Luismy

Son moi comúns os debates sociais sobre os xentilicios de lugares, sexan estes parroquias, localidades ou países. A pesar do constante estudo das linguas seguen sen estar claro nin a procedencia nin tan sequera cal debería ser ou non o xentilicio oficial. O pasado ano, o profesor da Universidade de Vigo, Xosé Henrique Costas, publicou o libro "Os xentilicios de Galicia", do que se fai eco no seu blogue o veciño de Agolada Manuel Busto, e no que defende un uso correcto en base a argumentacións empíricas.

Neste libro, Costas propón a corrección dos xentilicios "coma un cortalumes preventivo fronte ás deformacións e invencións que se teñen producido nos últimos anos neste campo lexicográfico", explica Busto. Casos como Agolafa, Rodeiro ou Dozón, verían mutado o seu xentilicio no caso de que se aprobase esta iniciativa. En todo caso, responsabiliza dos usos populares destes adexetivos maiormente á prensa, que en moitos casos descoñece a historia e as derivacións propias da morfoloxía dos nomes propios dos lugares. O erro provén que non se diferencian os dous eidos dos que se pode conformar un xentilicio, o culto e o patrimonial. Esto é, ou ben o que procede do latín ou que se conformou do devir da historia. Neste sentido, o libro fala de que a terminoloxía "-ense" é un sufixo culto, polo cal débese utilizar coa raíz culta do nome propio. No caso de Agolada sería Aquam latam, sendo o seu xentlicio aqualatense. Porén, no caso patrimonial sería co sufixo "-es", sendo o xentilicio agoladés, ambos distintos do comunmente utilizado: agoladadense. Rodeiro, por exemplo, tería un cambio tamén, e de rodeirense, pasaría ou a rodeirao, no eido patrimonial, ou rotariense, no culto.

Os que neste caso non se ven con cambios serían os referentes a Lalín, Silleda e Deza, que manterían o seu lalinense, silledense e dezao, respectivamente. Ós habitantes de Vila de Cruces terían que olvidar o seu habitual cruceño por crucense.

De todas maneiras, este profesor universitario "sabe que as súas propostas son arriscadas e mesmo ousadas, pero abórdaas desde a súa competencia profesional, o coñecemento do idioma, desde o estudo e coas suxestións de significados compañeiros coma Gonzalo Navaza Blanco, presidente da Comisión de Onomástica de Galicia", mantén Busto.

Polo tanto propón que sexan o Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, conxuntamente coa Asociación Galega de Onomástica, quen elaboren, fixen e distribúan unha listaxe completa e correcta de xentilicios recomendables, admisibles e inadmisibles. Namentres iso non ocorra, será a propia xente, que é a que constrúe a lingua, os que atribúan a un ou a outro lugar o xentilicio axeitado.

Compartir el artículo

stats